Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo botou man do Arde Lucus para presentar a súa estratexia Innova-TE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo botou man do Arde Lucus para presentar a súa estratexia Innova-TE

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

arde_lucus.jpgNon todo foi volta ao pasado en Arde Lucus 2010, a feira antiga que se celebrou a pasada fin de semana en Lugo. Tamén houbo unha ollada ao futuro, ou, mellor dito: unha ollada ao futuro dende o pasado. Esta enleada vén a conto para falarmos dunha serie de iniciativas postas en marcha pola Deputación encamiñadas a pór de manifesto as vantaxes das novas tecnoloxías da información a través dun emprazamento teoricamente oposto pero non tanto: a dita feira romana. Unha destas iniciativas foi o Campamento eco-tecno-lóxico, situado ao carón do Barco Muralla de Lugo (tamén da Deputación) na Praza do Seminario e dirixido a divulgar os pasos que o órgano provincial está dando no camiño da Administración Electrónica nos Concellos.
Para que tanto o contido como a forma desta actividade encaixasen o mellor posible en Arde Lucus, a organización dispuxo tres equipos de gladiadores para cabalgar sobre vehículos personalizados como bigas romanas e transmitindo mensaxes a toda a veciñanza sobre a rendibilidade da administración sen papeis.
A actividade, inserida na promoción de Innova-TE, complementouse con tres grupos de e-cyclopes que percorreron as rúas da cidade carretando pantallas televisivas onde informaron á poboación dos proxectos levados a cabo pola Fundación TIC, dependente do dito ente público, en materia de eAdministración. Amais de todo isto, a Deputación levou a cabo obradoiros de fotografía dixital, sorteos de libros electrónicos e portátiles de baixo custe (ebooks e netbooks), lectores de DNIs Electrónicos e pen drives con feitura de chave.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?