Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Atalaia: nova web do Consello da Cultura para esculcar de preto na arte dos nosos días
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Atalaia: nova web do Consello da Cultura para esculcar de preto na arte dos nosos días

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atalaia.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta semana unha nova proposta en liña dirixida a pór de relevo que a arte galega é un eido en constante espallamento que vai alén de calquera límite físico museístico. A páxina en cuestión, que se apoia no acubillo infinito da Rede para ofrecer información actualizada do que acontece no creativo, vén cun nome que fala ás claras da súa arela de observación: Atalaia. Arte Contemporánea en Galicia. A páxina, que tamén busca achegar información inédita, foi presentada polo presidente do CCG, Ramón Villares, e a coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporánea do Consello, María Luísa Sobrino. A xuízo desta última, o dito proxecto virtual constitúe unha panorámica sobre os creadores máis significativos da actualidade, poñendo en xogo unha canle con capacidade e potencial para reconducir a demanda de información da comunidade internauta sobre este eido en concreto.
A web contará coa participación directa de Manuel Gago (compañeiro deste medio e autor do blog Capítulo Cero), quen salientou a posta en marcha de diversos itinerarios creativos ao abeiro de Atalaia, itinerarios que dan comezo cun achegamento a Seve Penelas.
Na opinión de Gago, a experiencia segue en certa medida o ronsel de anteriores proxectos do CCG, como por exemplo o soportal de banda deseñada, unha proposta que serviu entre outras cousas para pór de manifesto o que non moitos sospeitaban: a gran calidade colectiva da creación de cómic en Galicia. “Con Atalaia pasa o mesmo”, sostén Gago no seu blog, “un aprecia a diversidade da creación artística contemporánea do país, non sempre ben comunicada e que agocha un gran potencial ao meu ver”.
A información artística que recolle Atalaia, infórmase dende medios como Xornal, está distribuída en distintos apartados, como o espazo Publicación, que se orienta á difusión do material que se edita na comunidade e no que se inclúen revistas, catálogos ou libros. Amais disto, tamén se inclúe unha sección de Novas que será precisamente a que dirixa Manuel Gago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?