Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Cluster TIC organiza en Santiago un ambiciosa xuntanza entre empresarios galegos e fondos de capital risco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Cluster TIC organiza en Santiago un ambiciosa xuntanza entre empresarios galegos e fondos de capital risco

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_vindeira_capital_risco.jpgEntre os materiais básicos de construción dunha empresa, amais da idea que lle dá o alicerce, precísase como ben sabemos todos financiamento. A busca desta materia prima non sempre é doada, e máis nestes tempos en que semellan terse pechadas tantas billas, públicas e privadas, que case é máis recomendable non poñerse a contalas. Con todo, cómpre ter en conta que hai máis vida alén das fontes tradicionais de financiamento, e que dun tempo a esta parte estase a facer habitual o contacto cos denominados business angels, entre outros axentes. Dar a coñecer con exemplos prácticos estas e outras canles perante os empresarios galegos do eido tecnolóxico-dixital é o obxectivo do Primeiro Encontro Vindeira Capital Network, xuntanza organizada polo Cluster TIC de Galicia, Vindeira e Gradiant.
O encontro, que se celebra en Santiago os días 6 e 7 de xullo, dará acubillo a unha experiencia concreta de procura de investimentos. Máis polo miúdo, oito ideas de negocio previamente seleccionadas serán defendidas polos seus promotores na procura do apoio financeiro preciso para convertelas en realidades empresariais.
O auditorio destinatario destas presentacións será de gran potencial no que respecta ao pulo desexado: conselleiros delegados e directores de investimento dos fondos de capital risco e business angels especializados no sector TIC e situados na primeira liña do negocio dixital en España (e cuxo rango de investimento oscila entre os 100.000 e os 6 millóns de euros). Segundo informa o Cluster galego, os proxectos que participarán no encontro foron seleccionados de entre vinte aspirantes e abranguen un amplo abanico de nichos de mercado, que van desde o e-Goberno ata as redes sociais ou o gaming. A escolma foi realizada por un comité de avaliación que tivo en conta “a adecuación dos proxectos aos criterios e expectativas dos investidores que asistirán ao evento”.
Segundo engade o Clúster, a alta calidade das iniciativas presentadas fixo que o número de proxectos que finalmente os seus promotores poderán presentar ante os investidores se elevase desde os seis inicialmente previstos ata un total de oito. Entre os responsables de financiamento que se darán cita na xuntanza atópanse representantes das seguintes empresas: Active Venture Partners, Adara, Alta Partners, Bullnet, Emerxía, G8 Capital, Going, Highgrowth, Inveready, Perennius, Enisa, NEOTEC, DADE, Factoria Dixital de Ideas e Intercom. A estas quince entidades cómpre engadir axentes de capital risco galegos, como Xesgalicia, Crecentia, Unirisco e Vigo Activo.
O encontro desenvolverase en dúas xornadas e combinará relatorios e mesas de debate con dúas roldas rápida de presentación dos proxectos a cargo dos seus promotores (Elevator Pitch). Ao longo dos dous días de traballo, emprendedores e financiadores terán ocasión de manter encontros individualizados co obxectivo de concretar acordos que permitan a posta en marcha dos proxectos.
O emprazamento do encontro será o Hotel A Quinta da Auga, Paseo da Amaia 23b na Urbanización Brandía, en Vidán (Santiago).
Programa:
Martes, 6 de xullo
14:30h Cóctel de benvida
16:00h Apertura e presentación do encontro
16:45h Rolda de presentación dos participantes
17:45h Elevator Pitch
20:30h Aperitivo e cea de gala
Mércores, 7 de xullo
09:30h Tendencias do sector TIC en Galicia
10:15h Elevator Pitch
11:15h Coloquio “Capital Risco y TIC: oportunidades e tendencias”
12:15h Colaboracións futuras a través de Vindeira Capital Network
13:30h Clausura

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?