Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC afórranlle á Deputación de Lugo ata 100.000 euros por Concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC afórranlle á Deputación de Lugo ata 100.000 euros por Concello

Raquel Noya
Publicado: 01/07/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_lugo.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, sabedor de que o futuro das distintas administracións calqueira que sexa o seu tamaño e entorno, reside nas novas tecnoloxías e Internet, vén de presentar este mércores o novo Centro de Proceso de Datos (CPD) da entidade pública que preside e dos Concellos que se adheriron ó Innova-TE, no cal se almacenará e centralizará toda a información dos devanditos organismos para falicitarlle á cidadanía a súa relación coa Administración.
Isto permitiralle aos veciños e veciñas que residan na zona, realizar ata 120 trámites coa Administración a través de Internet, sen ningún outro requisito que conectarse á Rede e acceder á páxina do Centro.
Gómez Besteiro salientou que “o CPD é o corazón do noso programa tecnolóxico, o sistema que bombeará os datos dende a Deputación ós Concellos e viceversa. É o punto de partida da e-administración na provincia, é dicir, o Km0 do noso Km@”.
Logo das auditorías tecnolóxicas de rigor realizadas nos Concellos, a Deputación constatou que só 13 municipios teñen un Centro de Proceso de Datos, malia que a lei obriga ás Administracións a ter un. Asemade, a maioría dos Concellos só dispoñen dalgún servidor de escasa velocidade, sen capacidade de almacenamento, e con graves carencias en materia de seguridade. O organismo provincial pon agora a disposición dos municipios que se sumaron ó Innova-TE , (un total de 50 ata o momento), un sistema de última xeración cos servidores e aplicacións imprescindibles para a implantación da administración electrónica na provincia.
Isto conleva unha serie de vantaxes que o resto dos municipios deben ter en conta para adherirse ao Innova-TE; por unha banda a vantaxe económica xa que o programa ofrécelle aos Concellos a infraestrutura de balde (aforrándolle un total de 100.000 euros) e pola outra a vantaxe da seguridade, xa que o novo Centro está controlado informaticamente cada segundo das 24 horas do día os 365 días ao ano, evitando ataques informáticos.
Este sitúase nunha cámara auto-refrixeradora que, a súa vez, atópase nunha sala acristalada no Pazo de San Marcos baixo fortes medidas de seguridade como cristais blindados ou unha entrada con acceso restrinxido. Ademais, na actualidade o organismo provincial xa traballa na instalación dun CPD de Respaldo nas instalacións da Fundación TIC no Polígono do Ceao que, en caso de accidente, actuará para que non se perda a documentación como sucedeu logo do incendio no edificio Windsor de Madrid. O Presidente salientou que “os Concellos non teñen recursos para isto, e hai que ter en conta que este corazón bombeará datos persoais, fiscais, contables, etc”.
Por último, unha terceira vantaxe radica en que o CPD permitirá que máis de 1.000 persoas interactúen coa administración de forma simultánea ao estar composto por material de última xeración e de baixo consumo. Deste xeito, posúe a mesma memoria RAM que 500 ordenadores. Asemade, ten varios discos duros cunha capacidade de almacenaxe de 32.000 xigas onde se poderán gardar ata 17 millóns de libros electrónicos, ou mesmo 3,5 millóns de documentos dunhas 100 páxinas. Con este novo hardware, o organismo multiplica por 5 o espazo de almacenamento de datos actual.
Porén, o mellor de todo isto é que na Deputación pensan reciclar o antigo CPD, que seguirá dando soporte ás áreas internas de Contabilidade e Recadación.
Agora, a intención deste organismo provincial é sensibilizar á cidadanía das vantaxes da Administración electrónica, algo que fará in situ dende o Pazo Provincial, onde as persoas que se acheguen recibirán cadanseu USB en forma de chave como símbolo dunha “Deputación sempre aberta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?