Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha Galebook, a editora de libros galegos que tamén é rede social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha Galebook, a editora de libros galegos que tamén é rede social

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galebook_logo.pngOs libros en galego non só se len, tamén se fala deles e mesmo se fai innovación a través deles. Favorecer estes tres puntos, pero sobre todo o segundo e o terceiro é o gran obxectivo de Galebook, unha nova plataforma sobre a nosa cultura dixital que se dirixe entre outras cousas a darlle un emprazamento concreto a toda esa comunicación arredor dos nosos libros que fica aínda non tinteiro ou que se perde por ser maioritariamente oral. En definitiva, estamos perante un recurso a medio camiño entre o selo editorial (facendo fincapé nos novos autores, en formato electrónico ou papel) e o concepto de rede social (tratando de coller o mellor de dous mundos). A iniciativa, reflectida esta semana por Vieiros, foi posta en marcha por un equipo de editores, escritores, libreiros e lectores do noso país.
Tratándose como se trata dunha iniciativa social na Rede, a arela de participación é grande, polo que xa están abertas as canles para o envío de páxinas, capítulos e obras enteiras co fin de obter unha valoración por parte dos responsables da plataforma. Todo isto, informan, de xeito totalmente confidencial.
Por certo que no caso de que a valoración fora positiva e se dese un compromiso de publicación, o equipo de Galebook centrarase en dar conta dos traballos presentados en todo tipo de canles: foros, blogs, podcasts e mesmo nunha cadea de televisión propia de seu.
Como dixemos, a iniciativa diríxese a operar como unha rede social galega de literatura, “un lugar de encontro para as letras galegas en Internet, un espazo para os autores, os lectores, os críticos, os libreiros, os editores e os despistados que pasaban por aí”. A proposta tamén xorde para afianzar a presenza do ebook no noso mercado literario, unha “revolución dixital que contará na plataforma cun emprazamento específico para a distribución de libros electrónicos, tanto de autores galegos como de libros de fóra”. As descargas de obras poderán facerse en eReaders, móbiles, tablets, computadores e demais trebellos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?