Na súa teima por achegarse paseniñamente ás comunicacións por satélite, Marcos Álvarez Díaz, responsable de proxectos europeos de Gradiant, o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia, vén de defender, esta mesma mañá, a súa tese Design of nonlinear precoding and estimation schemes for advanced communications systems, na que avoga por avanzar e innovar neste campo.
Tanto Álvarez Díaz como gran parte do persoal que integra Gradiant, contan cunha dilatada experiencia neste tipo de comunicacións por satélite, algo que se demostra amplamente coas colaboracións levadas a cabo coa ESA (Agencia Espacial Europea) e coa participación en proxectos europeos con outras institucións de prestixio.
A tese foi realizada no Grupo de Procesado do Sinal en Comunicacións do Departamento de Teoría da Sinal e Comunicación (TSC) da Universidade de Vigo, un grupo que leva varios anos participando activamente en proxectos europeos en comunicacións por satélite (SatCom) e que á súa vez é colaborador da Axencia Espacial Europea (ESA), que financia como parte da súa estratexia dinamizadora proxectos de investigación no campo espacial.
O tribunal que xulgou a tese de Marcos Álvarez, contou coa presenza destacada, entre outros, do doctor Sandro Scalise, quen dirixe o Departamento de Redes Dixitais da Axencia Aeroespacial Alemana (DLR).
Este home, de orixe italiano, realizou a súa tese hai algúns anos no Grupo de Procesado da Sinal en Comunicacións, baixo a dirección de Carlos Mosquera, igualmente en comunicacións por satélite, e que a día de hoxe vén de converterse, segundo afirman dende Gradiant, “en un dos expertos europeos destacado neste campo”.
Gradiant presenta unha tese na que avoga polas comunicacións por satélite
Compartir Este Artigo

