Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cristiano Ronaldo usa as redes sociais para anunciar a súa recente paternidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cristiano Ronaldo usa as redes sociais para anunciar a súa recente paternidade

Raquel Noya
Publicado: 05/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facebook_cristiano.jpgPor se os usuarios e usuarias de Facebook e Twitter non tiveramos suficiente con ter que aturar continuamente comentarios do tipo de “podemos”, “soy de la roja”, “viva España” (incrible pero certo), “Villa marabilla” ou ata un completo Pai noso que nos incita directamente a rezar pola selección a grito de “…Pai noso que estás en Sudáfrica, Santificado sexa Del Bosque…”, que saturan as nosas contas lembrándonos unha e outra vez que o noso país paralizarase de novo co fútbol durante os vindeiros días, un coñecido xogador (por certo xa eliminado do Mundial) vén de dar unha exclusiva que fará que os días que restan da competición non teñan o mesmo sentido. Trátase de Cristiano Ronaldo, o multimillonario xogador do Real Madrid e comandante da selección portuguesa de fútbol, que vén de anunciar a través de Twitter e Facebook que acaba de ser pai dun neno, do cal terá a tutela de maneira exclusiva. No texto, supostamente redactado polo futbolista, Cristiano Ronaldo di, textualmente en inglés que, “con grande alegría e emoción infórmovos que me convertín en pai dun neno recentemente. Segundo acordei coa nai do bebé, que prefire manter a súa identidade no anonimato, o meu fillo estará baixo a miña tutela de xeito exclusivo”. Asemade, indica que non volverá a facilitar información sobre este tema (a ver se é verdade) e pídelle a todos que “respecten o seu dereito á intimidade (e á do neno) a lo menos nun tema tan persoal como é este” (tan persoal como morboso digno das mellores revistas do corazón que non terán que pagar pola exclusiva).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?