Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CMT confirma que a crise chega ao sector das telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CMT confirma que a crise chega ao sector das telecomunicacións

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobile-phone.jpgSegundo os datos achegados pola Comisión de Mercado das Telecomunicacións (CMT) no seu informe anual sobre o estado de saúde do sector, este non é un mundo aparte e malia o moito que se ten falado da súa capacidade para manterse firme, finalmente constátase que tamén se resente perante a crise produtiva xeneralizada. En certa maneira, o proceso non carece de lóxica: o sector das telecos camiña moitos chans, e non todos son estables. Así, do mesmo xeito que mellora e impulsa a comunicación e a produtividade dos restantes eidos produtivos, non ten moita capacidade de medre cando estes caen coma fichas de dominó. Segundo o Informe Anual CMT 2009, presentado xa no Senado, por primeira vez en dez anos os ingresos do sector diminuíron en 2009 un 5,4%, ata situarse nos 41,765,3 millóns de euros. Asemade, a facturación minorista chegou aos 35.150,21 de euros, o que constitúe unha caída do 4,9%. Os servizos audiovisuais e a telefonía, fixa e móbil, achegan as máis salientables cifras negativas.
Polo que respecta aos ingresos dos maioristas, caeron nun 8% ate chegar aos 6.615,13 millóns de euros en 2009. Con todo, informa a CMT, non se pode falar só de datos críticos, de feito os estudos sobre o acadado o ano pasado serviron para confirmar o forte pulo da banda larga por redes móbiles, que duplicou o acadado en 2008, sobre todo debido ao incremento das liñas de transmisión de alta velocidade activas no mercado. Asemade, a isto tamén axudou o afianzamento dos teléfonos intelixentes (smartphones). Máis polo miúdo, as ditas tarxetas experimentaron unha penetración de 4,2 liñas por cada 100 habitantes, dando como resultado un total de 1,96 millóns, cifra que achega unha taxa de medre do 64,9%. Tamén foron obxecto de medre as liñas que conectan máquinas (M2M) e o parque total de liñas móbiles (aínda que a ritmos menores ca no anteriores anos) ata situarse nunha cifra de 51,1 millóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?