Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector do libro advirte que as descargas poderían custarlle 100.000 empregos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector do libro advirte que as descargas poderían custarlle 100.000 empregos

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

books.jpgEstes tempos, segundo se nos fai saber, non pintan ben para case ninguén. Nin sequera para o sector do libro, un dos previamente chamados a beneficiarse da nova era da comunicación e do coñecemento (sobre todo en base ás novas canles postas en xogo para promover e distribuír os seus produtos en formatos dixitais). Con todo e se atendemos ao que vén de contar Rogelio Blanco (director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) nun encontro de representantes da cultura celebrado en El Escorial, a Rede e máis polo miúdo as descargas que favorece é unha “clara ameaza” para o sector. Na súa opinión, non se actuou nin se está a actuar con claridade no senso da regulación e da restrición, de aí que o libre intercambio de ficheiros xerara “a perda de 15.000 postos de traballo e 150 millóns de euros”.
A intervención, reflectida no Navegante, serviulle tamén para louvar a liña estratéxica do Ministerio de Cultura, máis polo miúdo a posibilidade de pechar páxinas web que dean acubillo a contidos protexidos por dereitos de autor.
Ao seu xuízo, coa “piratería editorial a industria do libro xógase hoxe en día preto de 100.000 empregos”, sendo o principal motivo disto a creba “do ecosistema da industria editorial” .
Por certo que dende webs situadas a prol do libre intercambio en liña da cultura estanse a lanzar mensaxes críticas cara ao posicionamento do sector, ao que xa cualifican de inmobilista. Máis polo miúdo, en páxinas como ADSLZone critícase que se siga a usar este “discurso de criminalización” de todo o que ten ver coa Rede, sen dar conta apenas das súas vantaxes, que son moitas:meirandes posibilidades de promoción para escritores e para as editoriais, pulo á intercomunicación entre lectores e autores, posta en marcha de novos xeitos de consumir obras literarias, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?