Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dezaseis proxectos TIC galegos buscan xa o seu financiamento no encontro Vindeira Capital Network
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dezaseis proxectos TIC galegos buscan xa o seu financiamento no encontro Vindeira Capital Network

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cluster_tic_vindeira_quintadaauga.jpgO Hotel A Quinta da Auga acolleu hoxe a apertura dun ambicioso encontro profesional encamiñado a incrementar o número de apoios de financiamento para os proxectos TIC de mercado que arestora están a coller corpo na nosa terra. A xuntanza, que se presenta como a constatación de que non tódalas billas de investimento están pechadas, arrincou no mediodía deste martes 6 cun acto de presentación perante os medios que contou coa presenza de Ricardo Capilla, director xeral de I+D, Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC e Antonio Rodríguez del Corral, presidente de Vindeira. O evento Vindeira Capital Network, que proseguirá ao longo do mércores con relatorios e presentacións, está organizado polo Cluster TIC de Galicia, a plataforma Vindeira e o centro Gradiant. O evento, fixo saber Rodríguez, xorde da necesidade de atopar o impulso que precisa o potencial galego, un potencial que por desgraza, e malia a gran calidade das iniciativas que xorden del, non atopa no seu propio terreo todo o apoio que precisa.
Segundo se nos fixo saber na dita sesión de apertura, na xuntanza participarán algúns dos máis importantes investidores e impulsores de negocio do panorama TIC actual, entre os que se contan conselleiros delegados e directores de investimento de capital risco e business angels. Precisamente, esta presenza activa de axentes da innovación fará posible, entre outras cousas, unha experiencia concreta de procura de apoios. En concreto, está previsto que dezaseis proxectos empresariais sexan avalados polos seus responsables co fin de acadar o capital preciso e cruzar así a liña que separa as ideas das realidades. Do total de iniciativas, oito se presentarán de xeito extenso e os restantes de forma reducida. En total, os emprendedores solicitarán 10 millóns de euros dos axentes convidados, a engadir ao xa posto en xogo polas propias firmas. Todas estas iniciativas, comentaron Valcarce e Rodríguez, contan co aval e a garantía de ter sido elixidas polo propio sector TIC galego, a través dun proceso de escolma ao que se presentaron un total de 24 empresas con cadansúa achega. A continuación, estas foron avaliados polo comité de Vindeira, cos mesmos métodos de traballo que empregarían os investidores. O resultado final foi de dezaseis, oito delas de primeira orde. Segundo informan dende o Cluster TIC, os proxectos abranguen un amplo abanico de nichos de mercado, que van desde o e-Goberno ata as redes sociais ou o gaming.
A presentación hoxe e mañá destes proxectos, unida á toma continua de contactos entre uns profesionais e outros, vai dirixida en palabras de Valcarce e Rodríguez a “crear un clima de traballo e unha rede virtual que sirva para afianzar aínda máis estas ligazóns, materializándose estas nun encontro novo a celebrar cada ano”.
Na cita de hoxe tamén participou Ricardo Capilla, director xeral de I+D, quen cualificou o evento de “exemplo a seguir” para que outras áreas, sectores ou plataformas amosen tamén a súa capacidade de emprendemento.

Axentes de financiamento

Entre os responsables de financiamento que se dan cita en Santiago atópanse representantes das seguintes empresas: Active Venture Partners, Adara, Alta Partners, Bullnet, Emerxía, G8 Capital, Going, Highgrowth, Inveready, Perennius, Enisa, NEOTEC, DADE, Factoria Dixital de Ideas e Intercom. A estas quince entidades cómpre engadir axentes de capital risco galegos, como Xesgalicia, Crecentia, Unirisco e Vigo Activo.
O encontro desenvólvese en dúas xornadas e combina relatorios e mesas de debate con dúas roldas rápida de presentación dos proxectos a cargo dos seus promotores (Elevator Pitch). Ao longo dos dous días de traballo, emprendedores e financiadores terán ocasión de manter encontros individualizados co obxectivo de concretar acordos que permitan a posta en marcha dos proxectos.
O emprazamento do encontro é, como dixemos, o Hotel A Quinta da Auga, Paseo da Amaia 23b na Urbanización Brandía, en Vidán (Santiago).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?