Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova achega a concurso en Animacam converte á selección de fútbol en animacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova achega a concurso en Animacam converte á selección de fútbol en animacións

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

animacam-tv_seleccion_futbol.jpgVivimos días de febre deportiva, e malia que a saturación de vermello e amarelo non é prato de gusto para moitos de nós, tamén é certo que en ocasións a creatividade xurdida ao abeiro da selección española pode ter o seu aquel. E máis se as propostas creativas converten aos protagonistas do equipo, eses personaxes que no plano real semellan dicir menos cousas interesantes canto máis cobran, en figuras máis divertidas. Como por exemplo as da nova peza a concurso no certame galego Animacam.tv, un evento en liña que premia as melloras curtas do ano e que fai especial fincapé en todo o que teña que ver co Camiño de Santiago e cos acontecementos da actualidade.
Segundo contan os responsables deste certame, a peza en cuestión é unha miniserie de debuxos animados, filmada case en tempo real, sobre os xogadores da selección española no Mundial de Sudáfrica.
O filme vén da man da produtora catalá Chips and Films, e o primeiro capítulo ábrese coa intervención directa do lateral dereito do combinado, Sergio Ramos, que comparte cos internautas as súas impresións do recente bloque ante Paraguai nos cuartos de final. “Con este filme”, informan dende Animacam, “a concurso na Sección Oficial, xa son 140 os recibidos de 43 países dos cinco continentes nesta terceira edición, a tres meses aínda da fase final de recepción de filmes”. A peza sobre a vermella é un novo exemplo do labor de mobilización de Limaia Producións (o selo responsable de Animacam, con sede en Sandiás) cara a usuarios, navegantes e creadores.
Chip and Films, con emprazamento en Barcelona, vén da man de Alberto Busquets e a súa andaina caracterízase por achegar producións animadas con continuidade na Rede.

Clip coa caricatura animada de Sergio Ramos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?