Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case a metade dos xornalistas recoñece que as redes melloraron o seu día a día
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case a metade dos xornalistas recoñece que as redes melloraron o seu día a día

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

estudo_xornalismo_dixital.jpgO Estudo sobre Xornalismo Dixital 2010 que presenta estes días Canela certifica o que xa se supoñía dende dentro e dende fóra da profesión: que para unha boa parte dos comunicadores o afianzamento das redes da información no seu día a día constitúe unha mellora no traballo. En parte porque permiten meirande mobilidade (non cinguen aos profesionais á redacción física, coa rapidez que iso imprime) e en parte porque facilitan a obtención de información, sexa pola vía honrada (produción propia ou procura de datos alleos recoñecendo a súa orixe) sexa a través da técnica cada vez máis espallada do curta e pega, e sen máis. Máis polo miúdo, o estudo sinala que case a metade das/os enquisadas/os recoñeceron melloras no seu traballo grazas a Internet e ás redes sociais.
O estudo, feito por Oriella PR Network e dispoñible xa en pdf para quen queira velo, fíxose sobre o alicerce de 774 xornalistas, escolmados entre varios soportes (xornais, revistas, radio, TV, blogs) de 15 países, incluíndo España.
A nivel internacional, case a metade das persoas que participaron comentaron que se agarda delas máis contidos que antes, e unha de cada tres sinalou que está a traballar máis. Porén, unha boa parte recoñece que o seu quefacer mellorou dende a chegada dos medios dixitais. Respecto ao eido español, a investigación salienta que o 73% dos enquisados afirma que o medio no que traballa facilita a xeración de contido por parte dos internautas aceptando comentarios sobre historias en liña. O 23% recoñece que ás veces cita comentarios de blogueiros nos seus artigos. Por outra banda, case a metade apunta que segue a ter unha maior audiencia nas súas canles tradicionais (formato impreso e audiovisual), pero esta porcentaxe vai sendo menor con cada ano que pasa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?