Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Los Suaves botan man da Rede para darlle forma ao seu último DVD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Los Suaves botan man da Rede para darlle forma ao seu último DVD

Raquel Noya
Publicado: 09/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20100201120517-los_suaves_03.jpgLos Suaves, o máis importante grupo de rock galego e un dos abandeirados do rock nacional dende hai preto de trinta anos (que se din pronto), xa teñen asumido que o que os fai grandes (máis aínda do que xa son de por eles) son os seus seareiros e fans, que por máis que pasa o tempo, nunca esquecen que “a Dolores chamábanlle Lola e que esta banda ourensá non pode deixar o rock”.
Xa que logo, Yosi e compañía, que con motivo do seu trinta aniversario van lanzar un novo DVD cun concerto exclusivo que gravarán en Ourense, veñen de facer un chamamento a todos e todas os que algunha vez sentimos a súa forza nalgún directo, pedíndolle calquera tipo de material que poida formar parte deste novo DVD (vídeos, fotos…), que levará por título 29 anos, 9 meses e 1 día.
O devandito concerto terá lugar o vindeiro 18 de setembro en Ourense e os responsables da banda xa están a enviar carteis e flyers para que todas aquelas persoas que queiran axudar a promocionar o evento os colguen nos seus bares e lugares habituais de encontro.
Tanto para enviar material que poida formar parte do DVD como para solicitar carteis do concerto, a banda vén de habilitar unha dirección de correo electrónico: eldirectodelossuaves@gmail.com, ao que dirixirse para calquera tipo de solicitude.
Asemade, as persoas interesadas en acudir a este directo, para o cal xa hai entradas en Musikaze.com e Ticketmaster a un prezo de 6 euros máis gastos, poden conseguir unha entrada dobre con pase a backstage facéndose “fans” en Facebook do directo de Los Suaves.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?