Non deixa de ser curioso cómo dependendo de quen faga un estudo empresarial e de quen participe nel, os resultados varíen ata achegar panoramas diferentes sobre unha realidade que, no plano teórico, debera ser única. Isto vén a conto polo que choca un estudo de Merco Persoas sobre as melloras empresas para traballar no Estado español cos datos equivalentes que ofrece Great Place to Work sobre os sitios onde sobre o papel máis estariamos obrigados a botar bombas se finalmente nos contratasen. Pois ben, se no segundo son Vodafone, Louis Vuitton, Cisco, Softonic e Bain & Company quen se leva a palma (por categorías), na primeira das investigacións (acabada de saír do forno), son Microsoft, La Caixa e Santander as que se impoñen.
A situación achegada desta maneira dupla, que repetimos non deixa de ser curiosa, coincide malia todo nun punto a salientar, tal e como se reflicte en Galicia Hoxe: en ter situado no primeiro posto de ámbolos dous rankings unha empresa do sector das novas comunicacións.
Como particularidade a engadir ás xa devanditas, cómpre sinalar que a presenza de empresas galegas é moito máis significativa nas listaxes de Great Place to Work, nas que cómpre subliñar a boa situación de Caixanova, R e Grupo Visual MS (que apareceu o ano pasado como primeira da súa modalidade).
Volvendo á sobrepresenza en ámbalas dúas listaxes de empresas TIC, é preciso salientar a boa posición de Google no estudo de Merco Persoas (ausentándose por completo das clasificación se Great Place), amais da de Telefónica (no posto 8) ou a de IBM (no 17). Polo que respecta a Apple, fixo unha das entradas máis espectaculares na clasificación de Merco Persoas, ao rubir ata o posto 34 logo de anos de non ter figurado de ningunha maneira no top 100.
Microsoft e Vodafone encabezan os estudos sobre as mellores empresas para traballar no Estado
Compartir Este Artigo
