A mítica banda de rock ourensá, Los Suaves, que está a celebrar o seu 30 aniversario coas máis variadas accións de marketing e facendo un chamamento a tódolos seus seguidores e seareiros a través da Rede, vén de sobrepasar os 500 fans en Facebook, concretamente no grupo creado para a ocasión e que leva por nome O directo de Los Suaves.
En tan só unha semana, o grupo leva recadados 548 fans e semella que a cifra vai en aumento xa que ninguén quere perder a oportunidade de conseguir unha entrada dobre de balde, con pase a backstage, que o grupo sortea por facerse fan desta páxina.
A banda, que lembremos vai celebrar un concerto o vindeiro 18 de setembro en Ourense para conmemorar o seu aniversario, fai un chamamento a aquelas persoas que teñan material audiovisual que poida servir para completar o seu último DVD, no que, desta volta, fará posible que, segundo dicta o seu lema, “Los Suaves sexamos todos”.
O directo de Los Suaves xa supera os 500 fans en Facebook
Compartir Este Artigo

