Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Reclámanlle á Xunta o seu apoio para desenvolver o fogar dixital en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Reclámanlle á Xunta o seu apoio para desenvolver o fogar dixital en Galicia

Raquel Noya
Publicado: 14/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fogar_dixital.jpgOs presidentes da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) e do Consello Territorial de ASIMELEC Galicia, José María López Bourio e José Ramón García respectivamente, veñen de reunirse coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para facerlle chegar unha serie de propostas sobre o fogar dixital que ambas entidades consideran “necesarias” para potenciar o sector das TIC no noso país.
Trátase dun documento que contén unha serie de pautas a seguir para, coa axuda da Xunta de Galicia, “potenciar este importante sector en pleno crecemento de usuarios e no que o noso país conta con importantes empresas que desenvolven produtos, contidos e aplicacións”.
O fogar dixital defínese como o lugar onde as necesidades da familia, en materia de seguridade e control, comunicacións, ocio, confort, integración medioambiental e accesibilidade, son atendidas mediante a converxencia de servizos, infraestruturas e equipamentos; en definitiva un lugar de servizos, “integrado e accesible”.
É por isto que AGESTIC e ASIMELEC Galicia entenden o fogar dixital para o usuario como “un lugar de servizos que conta con acceso á solución dos problemas diarios a través do uso das TIC”, así como un “fogar seguro tanto respecto aos perigos habituais do fogar (auga, electricidade, gas…) como respecto á intrusión de persoas alleas”.
Asemade, para os responsables das devanditas entidades, o fogar dixital tamén é “un fogar controlado e comunicado”, no sentido de que permite coñecer o que sucede tanto no exterior como no interior en tempo real, exercendo control sobre os diferentes sistemas de iluminación, teleasistencia ou calquera outra instalación básica.
Xa que logo, a mensaxe que estas entidades lle transmiten á SXMIT coa súa proposta é que “a nova vivenda non é pensable se non ofrece novas capacidades en materia de aforro energético, seguridade e teleasistencia, confort, entretemento e accesibilidade”.
Partindo desta premisa, ASIMELEC E AGESTIC propoñen: -Crear un Centro demostrador tecnolóxico permanente do fogar dixital en Galicia, aberto a todos os produtos, servizos e tecnoloxías propios destes fogares e onde conflúen diferentes axentes, empresas, público e tecnoloxía. -Crear un Observatorio do fogar dixital en Galicia que realice informes periódicos de vixilancia tecnolóxica do sector. -Crear un Máster do Fogar Dixital así como cursos formativos a outros niveis non universitarios. -Realizar tarefas de divulgación e difusión dirixidas á cidadanía sobre o concepto de FD e os seus beneficios. -Crear un galadón para premiar ás mellores instalacións domóticas ou do FD, a fin de fomentar o desenvolvemento e uso desta tecnoloxía, etc.
Asemade, no documento entregado á SXMIT propoñen a convocatoria dunha serie de axudas que van dende axudas económicas para a instalación deste tipo de servizos ata axudas á creación de empresas tecnolóxicas, pasando por subvencións e becas de formación neste tipo de proxectos.
Estas propostas, que a xuízo dos seus precursores “favorecerán o desenvolvemento dun importante sector empresarial en Galicia e a calidade de vida da cidadanía”, serán examinadas agora polo Goberno galego, a fin de desenvolver ou desbotar as que consideren viables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?