Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Editoriais de toda España unen forzas nunha única plataforma para impulsar o e-book
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Editoriais de toda España unen forzas nunha única plataforma para impulsar o e-book

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

libranda-com.jpgMentres seguen aínda quentes nos nosos ouvidos as declaracións de Rogelio Blanco (director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) sobre o moito que lle vai custar ao sector libreiro o afianzamento das redes e máis polo miúdo dos novos xeitos de acceder ao coñecemento, dez editoriais españolas veñen de dar a coñecer a súa aposta común por un camiño contrario. É dicir, non só por aceptar a chegada de novas canles para o achegamento dos lectores ao libro, senón de tirar o máximo partido delas. Nesta liña é onde se insire o proxecto Libranda, unha iniciativa posta e marcha esta semana polas firmas Grupo Planeta, Grupo Random House Mondadori, Roca Editorial, Editorial Anagrama, Edicións Maeva, Grupo Santillana, Grupo Wolters Kluwer, Grup62, Grupo SM e Edicións Siruela. Segundo fai saber Xornal.com, a alianza baséase en dous piares, un que vén de antigo (a unión perante un reto común de mercado) e outro máis novo (o dixital como canle ineludible de contacto co libro).
Libranda, que máis ca un espazo de venda directa é un escaparate do que publiquen en formato dixital as devanditas editoriais, constitúe un proxecto aberto, polo que con toda probabilidade vexamos nos vindeiros días incorporacións doutras empresas ao catálogo.
Malia non haber venda directa (respectándose deste xeito os esquemas tradicionais de distribución), póñense en xogo os recursos precisos para que a comunidade internauta se faga coas obras presentadas a través de múltiples tendas en liña, entre as que se contan a Librería Cervantes, a FNAC ou a que probablemente sexa unha das tendas dixitais máis completas do eido estatal: A Casa del Libro.
Estas e outras tendas, nove polo de agora, terán conexión directa con Libranda, o que implica que teñamos que visitalas se queremos mercar algunha obra dixital. A idea dos responsables do proxecto é achegarlle ao público o meirande catálogo dixital en linguas castelá e catalá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?