Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Sixtema anuncia melloras no seu servizo de creación de mapas ikiMap
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Sixtema anuncia melloras no seu servizo de creación de mapas ikiMap

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ikimap2.jpgA empresa galega Sixtema, da que falamos hai pouco para dar conta das vantaxes do seu ikiMap (un servizo propio para a creación e o intercambio de mapas en liña, amais de permitir intervencións sobre os mesmos), volve á carga con novidades sobre o devandito produto que, a xuízo da firma con sede en Santiago de Compostela, poñen en xogo melloras salientables sobre o propio servizo e sobre Google Maps. Segundo se conta en Xornal.com, a idea desta reestruturación é a de permitir a entrada de algo máis cá adaptación á Rede do clásico debuxo que se fai sobre un mapa para indicar onde fica un lugar concreto. A versión mellorada de ikiMap, froito da corrección masiva de erros e da incorporación de novas ideas, conta cun aval que non é unha aval calquera: o da comunidade de internautas á que dá acubillo (milleiros de usuarios no seu primeiro ano de vida), internautas que usan a ferramenta pero tamén tentan mellorala coma se dun colectivo-obradoiro de programación se tratara.
ikiMap, que en certa maneira responde a un proceso de democratización da cartografía (proceso que sen as tendencias sociais da Rede dificilmente teriamos), está a ser empregado arestora para mellorar (á súa vez) o servizo básico de Google Maps, complementándoo con datos sobre todo tipo de emprazamentos ou roteiros, sendo o Camiño de Santiago un dos percorridos que máis atención e achegas recibe. Ou a mancha de petróleo no Golfo de México, na imaxe.
O funcionamento do servizo tamén se fundamenta un pouco na idea do Camiño, un percorrido de ida e volta, de aí que unha boa parte dos mapas teñan a súa orixe no Google Maps e logo se distribúan entre a comunidade internauta con todo tipo de melloras e indicacións, do mesmo xeito que as frechas, os cartaces e as pedras amoreadas de determinada maneira fan máis doado o Camiño físico. ikiMap, que figura en galego, castelán e inglés, recibirá en breve a incorporación do éuscaro e máis do catalán, seguidos do portugués e o francés. A plataforma, indica Xornal facéndose eco das explicacións do propio equipo de Sixtema, está a ser empregada arestora polo Concello de Santiago ou a Deputación de Guadalaxara, entre outras institucións. Entre outras melloras a pór en xogo en breve inclúese a aplicación eficaz en trebellos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?