O vindeiro martes, 20 de xullo, a partir das 20:30 horas, a Fundación CEL vai facer públicos os nomes dos gañadores dos seus Premios á iniciativa, á actividade e á promoción empresarial, que este ano celebran a súa duodécima edición.
O acto, que vai presidir o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, servirá, entre outras cousas, para entregarlle os galardóns aos gañadores, que destacaron ao longo deste tempo pola súa entrega e dedicación ao mundo empresarial.
Con estes galardóns, a entidade pretende incentivar a creación de proxectos innovadores, recoñecer a traxectoria de empresas xa consolidadas e distinguir a aquelas que contribuíron á promoción exterior da provincia de Lugo.
A Fundación CEL premiará a innovación galega o vindeiro martes
Compartir Este Artigo

