Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo convértese na primeira cidade galega en dispoñer de fibra óptica ata o fogar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo convértese na primeira cidade galega en dispoñer de fibra óptica ata o fogar

Raquel Noya
Publicado: 20/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A cidade de Vigo, semella ir á cabeza do noso país en innovación e novas tecnoloxías e así nolo ven de demostrar, primeiro coa instalación das primeiras electroliñeiras de Galicia, da que falamos aquí na nosa web, e agora máis recentemente, co despregamento da primeira fase da rede de última xeración FTTH (do inglés Fiber to the Home), que xa se iniciou hai algunhas semanas no polígono de Navia.
Alí despregáronse 7 Km de fibra que darán cobertura a máis de 2.200 vivendas as cales, no futuro, poderán dispor de velocidades de transmisión practicamente ilimitadas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo director territorial de Telefónica en Galicia, Ignacio Aller, visitou a central de Telefónica de O Castro na propia cidade, onde están ubicados os equipos que convirten a esta cidade na primeira de Galicia e unha das primeiras de España en dispor desta nova rede de última xeración máis coñecida como “fibra ata o fogar”.
Dende a compañía informan que no vindeiro outono, os novos clientes que estean en cobertura poderán contratar o paquete Movistar Futura 100/10Mb por uns 64,87 euros ao mes, prezo definitivo; no momento da contratación, este servizo estará promocionado coa cota de alta a cero euros e a un prezo de 43,87 euros nas seis primeiras cotas.
Asemade, nas primeiras datas e sempre sobre esta tecnoloxía, Movistar lanzará ao mercado un paquete con TV e a nova velocidade 100/10Mb, o Movistar Futura 100/10 Imagenio Familiar DVR, que poderá adquirirse a un prezo de 85,77 euros ó mes, cunha promoción durante os seis primeiros meses de 68,87 euros ao mes e cota de alta de balde.
Despois do polígono de Navia, continuarase despregando esta tecnoloxía, a considerada “máis avanzada do mundo”, noutras zonas da cidade, para chegar paseniñamente a toda Galicia.
A tecnoloxía empregada por Telefónica, supón, segundo aseguran, “un avance considerable respecto á HFC empregada por outros operadores”, posto que non emprega cobre en ningún tramo, permitindo, en consecuencia, “velocidades moi superiores ás que poden obterse sobre o conduto tradicional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?