Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía galega, un exemplo a seguir en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía galega, un exemplo a seguir en Madrid

Raquel Noya
Publicado: 21/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole.jpgAs persoas responsables da área de innovación e desenvolvemento da Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) e do Polígono Industrial de Sabón (Arteixo, A Coruña), que recentemente uniron forzas para mellorar a I+D+i das súas empresas asociadas, vanse achegar hoxe mesmo a Madrid para colaborar no Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT) que se celebra na capital, para contar de primeira man a súa experiencia neste proxecto, escollido como “caso de éxito” entre todos os levados a cabo en España.
Como resultado da primeira fase deste programa, iniciada a finais de 2009, pecháronse dous acordos en firme para levar a cabo proxectos de I+D+I conxuntos entre dúas empresas de Sabón e o Centro Tecnolóxico AIMEN, (que ten a súa sede comercial na Tecnópole) e, segundo informan, “estanse a concretar outras dúas colaboracións que aínda están en fase de negociación”.
É por isto que o programa terá continuidade tamén este ano, no que se agarda que os contactos para intercambio de oferta e demanda de tecnoloxía se materialicen en máis futuras colaboracións entre empresas galegas.
A experiencia da que falarán hoxe en Madrid, na que tamén participou o Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense), será presentada no marco da xornada informativa sobre o Programa COPIT, e a ela asistirán representantes de todos os parques e polígonos españois participantes, que aproveitarán para coordinarse de cara á segunda fase do programa.
Os proxectos de I+D+i que se están a poñer en marcha como froito dos intercambios propiciados por COPIT en Galicia desenvólvense nos ámbitos da enxeñería de materiais e do medio ambiente, e son o resultado de tres sesións de traballo levadas a cabo por videoconferencia.
Isto permitiu que a distancia xeográfica non fose unha barreira para establecer un primeiro contacto entre empresas galegas con intereses comúns, un dos principais obxectivos do programa, e tamén posibilitou a mellora da súa competitividade grazas á cooperación de base tecnolóxica.

En toda España

Esta iniciativa estase a levar a cabo en toda España a través de 20 parques científicos e tecnolóxicos e 28 polígonos industriais, que buscan mellorar a competitividade das empresas e centros tecnolóxicos situados nestes recintos a través de fórmulas de cooperación entre eles.
O Programa está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio mediante fondos FEDER e nel colaboran a Asociación Española de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE), a Coordinadora Española de Polígonos Industriales (CEPE), a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?