A actriz norteamericana Lindsay Lohan, que onte ingresou en prisión por violar a súa liberdade condicional despois de ser condeada por conducir ebria, está a ser un dos nomes máis buscados na Rede en todo o mundo, sobre todo por fans e seareiros que queren saber da súa situación actual (que ben seguro non á de ser tan precaria como nos fan saber nos medios).
Como non podía ser doutra maneira, os ciberdelincuentes non quixeron deixar de aproveitar esta oportunidade única para facer o seu particular sanmartiño a costa desta muller, e xa apuraron as primeiras horas para enviar spam e troianos con asuntos como “Lindsay Lohan cárcere”, “Lilo en prisión”, “Lohan sentenza”…cos que infectar os ordenadores dos usuarios.
A propia actriz, en colaboración coa firma de seguridade en liña, Norton, advírtelle aos seus fans do que está a pasar na Rede, e recomenda “consultar só medios fiables e non premer en ligazóns sospeitosas”.
Pola súa parte, os responsables de Norton, sabedores de que os ciberdelincuentes monitorizan as novas actuais que máis aparecen nos medios de comunicación, advirten de que estes aproveitan calquera circunstancia deste tipo para infectar ducias de páxinas web lexítimas e falsas con virus, spyware, programas que rexistran as teclas pulsadas (para acceder a todo o que os internautas teclean) e outros tipos de softwares maliciosos (malware), co obxectivo de penetrar nos ordenadores dos usuarios e apropiarse da súa información persoal; polo que advirten “non descargar contidos sospeitosos”.
Lindsay Lohan é a nova estrela dos correos lixo da Rede
Compartir Este Artigo

