Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta apoia o máster en consultoría de software libre da Universidade de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta apoia o máster en consultoría de software libre da Universidade de Vigo

Raquel Noya
Publicado: 26/07/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

directora_xeral_innovacion-2.jpgNos tempos de crise como os que estamos a sufrir neste intre, semella que a mellor alternativa para destacar un pouco no difícil mundo empresarial é investir en novas tecnoloxías da información e a comunicación, e máis concretamente nas ferramentas abertas, que ademais de aportar vantaxes económicas e de seguridade, aporta o valor engadido da súa liberdade de uso e redistribución. Pois ben, cunha achega económica de 30.000 euros, a Xunta de Galicia, da man da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vai apoiar o uso das fontes abertas no noso país, colaborando estreitamente no desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado un ano máis pola Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo.
Este Máster, que conta con 60 créditos, cadra cos obxectivos estratéxicos de Galicia no ámbito das TIC e ten como obxectivo a formación de profesionais cun coñecemento amplo e sólido que os capacite para dirixir proxectos e levar a cabo tarefas en ámbitos concretos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación aplicando métodos e ferramentas baseados en software libre e códigos de fontes abertas (FLOSS).
A secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron recentemente o convenio de colaboración que autoriza esta achega e compartiron a súa visión sobre este tipo de ferramentas que tanto pulo reciben dende a universidade olívica.
Dende a propia entidade académica afirman que os titulados e tituladas que cursen o Máster “adquirirán competencias específicas en desenvolvemento de aplicacións de software libre, en implantación de ferramentas de intelixencia de negocio, así como en consultoría, administración e xestión das TIC e seguridade e protección de datos”.
O Máster, que se divide en 6 módulos, ten diferentes obxectivos formativos, porén destaca sobre todo por proporcionar un amplo dominio das principais tecnoloxías de desenvolvemento de sistemas de información baseados en códigos de fontes abertas.
Asemade, os alumnos e alumnas asistentes recibirán formación específica sobre as principais técnicas de planificación, xestión e control de calidade de proxectos informáticos e sobre o marco normativo e obrigacións legais relativos á seguridade dos sistemas de información e de protección de datos son outras das liñas estratéxicas do Master.
Por outra banda, ó concluir a súa formación, tamén dominarán os aspectos e técnicas das actividades da consultoría informática así como os principais conceptos de estrutura da empresa, a función directiva, os procesos de toma de decisións, e o establecemento da política estratéxica da empresa é outra das áreas nas que se poderán formar os asistentes ao curso.
Nesta mesma liña de coñecemento do ámbito empresarial analizaranse e os fluxos e medios polos que os directivos das empresas reciben e distribúen a información do negocio así como os métodos e ferramentas que permiten aliñar a política TIC dunha empresa coas súas necesidades estratéxicas. Ademais, estudaranse os principais métodos de auditoría e mellora continua en solucións TIC, co fin de poder realizar diagnósticos de situación, priorización de propostas tecnolóxicas e xestionar adecuadamente a infraestrutura TIC da organización.
Outro dos obxectivos do Máster é que os alumnos adquiran as capacidades directivas necesarias para liderar e motivar adecuadamente a equipos de traballo multidisciplinares. No apartado da seguridade a formación centrarase en dar a coñecer os principais tipos de ameazas aos que está sometido un sistema informático, así como os métodos de protección, detección e políticas de seguridade. Plan Operativo 2010
Este convenio enmárcase no Plan Operativo 2010 en materia de Software Libre e de Fontes Abertas, dotado con 800.000 euros, e que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou o pasado mes de abril ás asociacións de usuarios e empresas de software libre galegas. O plan contempla 21 accións que desenvolverá a propia Administración autonómica e outras 60 en colaboración coas asociacións de usuarios, empresas de software libre e as tres universidades para promover o uso do FLOSS na Administración, na cidadanía e nas empresas galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?