Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocan unha manifestación para a reapertura do Centro de Dinamización vilagarcián
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocan unha manifestación para a reapertura do Centro de Dinamización vilagarcián

Raquel Noya
Publicado: 29/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_vilagarcia.jpgAs persoas usuarias do Centro de Dinamización de Vilagarcía de Arousa, que ao igual que moitos dos centros que formaban a antiga Rede de Dinamización da Sociedade da Información leva un tempo pechado á espera de que o Goberno galego decida como facer para seguir a formar en novas tecnoloxías a toda a cidadanía galega (facendo fincapé naqueles colectivos máis desfavorecidos), veñen de convocar unha concentración para pedir a reapertura das súas portas.
Trátase dun dos Centros con máis actividade de todos os que hai espallados pola xeografía galega, no que se deron máis de 50 cursos, e preto de 400 horas de formación a máis de 320 persoas.
Asemade, a esta aula acudiron máis de 800 persoas para conectarse a Internet e consultar o seu correo ou facer tarefas necesarias para o seu día a día, o que demostra, segundo os seus integrantes, “que estaba a funcionar a pleno rendemento e cunha gran asistencia”.
Xa que logo, as persoas usuarias do Centro de Dinamización de Vilagarcía, que agora non teñen a onde achegarse para acceder á súa propia alfabetización dixital como o viñan facendo ao longo do último ano, convocan unha concentración este venres 30 de xullo ás 20:30 horas, diante do propio centro, na rúa Castor Sánchez para pedir “a reapertura do centro nas mesmas condicións que estaba ata o de agora, cun horario estable e cunha persoa á fronte do mesmo”.
Esta persoas aseguran que “se trata dun servizo público necesario que axudou e contribuíu a desenvolver proxectos de moitos vilagarciás e vilagarciáns en Internet, facendo uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”, antes unha “utopía” para moitos colectivos da comarca, como os maiores, as mulleres do rural…
Asemade, segundo aseguran, foron moitas “as empresas do lugar que lle atoparon utilidade á Sociedade da Información e Internet, e que detectaron a necesidade de desenvolver novos contidos e servizos a través da Rede”.
“Por todo isto”, os veciños e veciñas que viñan usando esta aula da Rede de Dinamización, “fan un chamamento ás cidadás e cidadáns de Vilagarcía que acudan a concentración para pedir a reapertura do Centro da Sociedade da Información, e animan ás persoas usuarias dos centros da comarca, coma Cambados, O Grove e Sanxenxo, (que tamén están pechados) que se unan á manifestación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?