Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Función Pública contribúe á conservación do medio ambiente grazas ao emprego da sinatura e validación electrónicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Función Pública contribúe á conservación do medio ambiente grazas ao emprego da sinatura e validación electrónicas

Raquel Noya
Publicado: 23/08/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sintura_dixital.jpgO papel é un produto moi elaborado e luxoso que, aínda que non nos demos conta, contribúe amplamente á degradación do medio ambiente se non se usa con cabeza e única e exclusivamente cando sexa imprescindible.
Dende a Dirección Xeral de Función Pública, entidade dependente da Consellería de Facenda, son conscientes da necesidade de aforrar papel e para isto xa tramitaron un total de 1.771 expedientes de maneira electrónica desde xaneiro e ata xullo grazas á implantación dun novo sistema de xeración e autorización documental baseado no emprego da sinatura e validación electrónicas.
Esta iniciativa enmárcase no obxectivo de eliminar o papel nos procesos de xestión mediante a aplicación das tecnoloxías da información e comunicación e este mecanismo permite axilizar a xestión unha media dunha semana.
Con esta ferramenta, na que todos os documentos se xeran por aplicacións informáticas, aseguran dende a entidade que “evítase a impresión destes en calquera punto intermedio de xestión”. Entre as súas vantaxes, engaden, “están a xeración rápida de documentos a partir de plantillas, completa eliminación do uso do papel e axilización do proceso de sinatura, permitindo realizalo desde calquera ubicación e en calquera momento”.
Ademais, segundo informan dende Función Pública, “existe a dispoñibilidade da web como medio de comunicación, na cal, grazas a un código do documento, o usuario pode descargarse directamente a resolución”. Co sistema de adianto do mesmo por SMS o interesado pode descargarse da web de forma inmediata antes de que lle chegue a notificación por correo postal.
Tamén se eliminan os envíos por fax a organismos, xa que se remite o código para que o propio organismo se descargue o orixinal electrónico. O cidadán dispón dun buzón web ao que pode acceder co seu certificado electrónico e no que pode consultar todos os envíos electrónico.
O resultado da tramitación electrónica queda arquivada en expedientes electrónicos que poden ser consultados de forma áxil e rápida desde calquera lugar autorizado. A información codificada nestas resolucións impórtase automaticamente en procesos posteriores das propias resolucións, como por exemplo as tomas de posesión resultantes da autorización dunha comisión.
Igualmente centralízase a xestión de acuses de notificación. As datas de notificación quedan asociadas electronicamente a cada un dos documentos. Así, todos os documentos que deban enviarse en formato papel se imprimen e ensobran nun punto único para toda a Dirección Xeral de Función Pública. O sistema xera de forma autonómica toda a información de pesos de envíos e facturación para correos. Finalmente, xéranse automaticamente de códigos do rexistro de saída.
O sistema de verificación electrónica é unha aplicación web que permite verificar os documentos, así como descargar o orixinal electrónico, as súas sinaturas e realizar a verificación de identidade dos asinantes que orixinaron estas firmas. Esta aplicación está dispoñible na páxina web funcionpublica.xunta.es

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?