Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O malware máis recente está deseñado para infectar a través de dispositivos USB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O malware máis recente está deseñado para infectar a través de dispositivos USB

Raquel Noya
Publicado: 26/08/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usbvaccine-2.jpgSegundo o último estudo elaborado por PandaLabs, en 2010, o 25 por cento dos novos vermes informáticos que apareceron recentemente “están específicamente deseñados para infectar e distribuirse a través de dispositivos con almacenamento externo que se conectan ós PCs a través de USBs”. Este tipo de ameazas cópianse a sí mesmas en calquera unidade con capacidade de aloxar información, tales como teléfonos móbiles, discos duros externos, DVDs, flash de memoria, reprodutores MP3 ou 4 de calquera tipo…
Os datos, segundo PandaLabs,”apuntan á efectividade desta técnica de distribución”, xa que segundo o II Barómetro Internacional de Seguridade en PYMEs, publicado por Panda Security (no que se entrevistaron 10.470 compañías de 20 países diferentes), o 48 por cento das empresas enquisadas (de 2 ata 1.000 PCs) confesan ter resultado infectadas por algún tipo de malware no último ano, e o 27 por cento afirma que a fonte da súa infección foi un dispositivo con memoria extraíble conectado mediante USB ao ordenador. Segundo Luis Corrons, Director Técnico de PandaLabs, “na actualidade, moito do malware está xa deseñado para distribuírse a través destes dispositivos. Para iso, non só se copian a si mesmos nestes gadgets, senón que están preparados para, unha vez enchufado o dispositivo a un USB, autoexecútense de forma automática e practicamente transparente para o usuario, causando a infección”.
Os casos coñecidos máis recentes tiveron lugar este mesmo ano, como o da distribución do botnet Mariposa e Vodafone.
De momento, este método de infección non supera ás ameazas que utilizan o correo electrónico para distribuírse, pero a tendencia é a aumentar, xa que, segundo afirman, “practicamente calquera cousa que compramos, vén preparada para enchufar ao USB do ordenador: cámaras dixitais, teléfonos móbiles, reprodutores MP3 ou MP4”. “E é unha práctica habitual facelo, xa que resulta bastante cómodo”, engade Corrons, “todos estes dispositivos levan tarxetas de memoria ou memorias internas. Polo tanto, é sumamente sinxelo que o noso teléfono sexa portador, sen que o saibamos, dun virus”.
Cada vez son máis os exemplares de malware, entre eles o perigoso verme Conficker, que se propagan mediante a infección de dispositivos e unidades extraíbles como chaves de memoria, reprodutores MP3, cámaras de fotos, etc. A técnica utilizada por estes exemplares é a seguinte: “O sistema operativo Windows utiliza o arquivo Autorun.inf das unidades extraíbles co fin de saber que accións debe levar a cabo cando un novo dispositivo de almacenamento externo, como unha unidade USB ou un CD / DVD, se insire no PC. Este arquivo, situado no directorio raíz dos dispositivos extraíbles, ofrece, entre outras cousas, a posibilidade de definir un programa que execute automaticamente parte do contido do dispositivo extraíble cando este sexa conectado a un PC”. Esta funcionalidade está a ser utilizada polos ciberdelincuentes para propagar os seus virus, mediante a modificación dese ficheiro Autorun.inf con ordes para que o malware que se copiou, por exemplo, nunha chave de memoria USB, se execute automaticamente en canto esta sexa conectada a un PC. Así, ese PC quedaría infectado inmediatamente.
Para previr isto, Panda Security vén de desenvolver o Panda USB Vaccine un produto de balde que permite levar a cabo unha dobre protección preventiva, ou vacina, tanto do mesmo PC para deshabilitar a funcionalidade AutoRun, coma de unidades e chaves USB individuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?