Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar Pereira salienta no FITCE o potencial da Axenda 2014.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar Pereira salienta no FITCE o potencial da Axenda 2014.gal

Raquel Noya
Publicado: 02/09/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mar_pereira_fitce_01.jpgA secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, foi a representante do Goberno galego escollida para inaugurar esta mesma mañá en Santiago de Compostela a 49 edición do Congreso FITCE, que reúne na capital galega a 500 profesionais das telecomunicacións procedentes de toda Europa.
Na súa intervención, a titular da carteira tecnolóxica destacou o labor que está a desenvolver a Xunta a través da Axenda Dixital 2014.gal, unha ferramenta que, segundo lembrou, “foi creada para xerar emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e cercana, capacitar aos cidadáns para o mercado global e dotar á Comunidade de infraestruturas de telecomunicacións modernas e sostibles”.
Este simposio europeo, que se está a celebrar no Pazo de Congresos de Santiago ata o vindeiro día 4 de setembro, permitiulle á secretaria xeral loubar os compromisos recollidos na Axenda Dixital de Galicia e neste senso apuntou que o seu esforzo está agora en “aproveitar as oportunidades que trae consigo a nova era dixital e asumir o reto de converxer con Europa no 2020”.
mar_pereira_fitce_02.jpgA responsable de Innovación Tecnolóxica da Xunta, destacou, asemade, que a creación desta Axenda, plenamente aliñada coa Axenda Dixital Europea, “pon de manifesto que malia que o Camiño de Santiago constitúe o primeiro nexo de unión entre Galicia e Europa, os seus vínculos non se limitan a esta ruta de peregrinación. A través das súas correspondentes Axendas Dixitais, as dúas asumen o compromiso de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador que permita obter altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social. “
Nesta nova edición de FITCE, organizada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), co respaldo da Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT), debaterase durante 4 días sobre o estado e os proxectos de futuro das infraestruturas de telecomunicacións na Unión Europea baixo o lema O camiño de Santiago e as telecomunicacións europeas.
Un total de 500 profesionais das telecomunicacións de toda Europa participarán ata o vindeiro día 4 neste simposio internacional no que se desenvolverán once presentacións orais, catro sesións de posters e dúas mesas redondas (integradas polos principais fabricantes e operadores de telecomunicacións do país).
Os relatores convidados analizarán o campo dos servizos e aplicacións TIC, afondando na nova era tecnolóxica e nas aplicacións avanzadas que permitirán acceder a infraestruturas intelixentes. Así mesmo, abordarán a aplicación da fórmula I+D á configuración de Internet, á vez que exporán os retos aos que se enfrontarán os reguladores das telecomunicacións ao vivir inmersos na sociedade da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?