INEO, a Asociación por excelencia das empresas do sector TIC do noso país, que recentemente vén de anunciar a apertura dun concurso público para a elaboración do seu Plan Estratéxico, está a participar no Proxecto SMART de innovación tecnolóxica no sector do transporte.
Este proxecto, de ámbito europeo, é unha acción cofinanciada polo 7º Programa Marco da Comisión Europea, que consiste en ofrecer servizos de apoio a pequenas e medianas empresas para que participen en proxectos de investigación e desenvolvemento Baixo un programa de Traballo de Transporte.
INEO e a Fundación Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, participan como representantes do sector TIC galego e co seu apoio, tratarán de achegarlle ás empresas do país a oportunidade de particpar en proxectos de I+D+i aplicadas ó sector do transporte.
Ineo colabora no Proxecto SMART de innovación tecnolóxica no transporte
Compartir Este Artigo

