A primeiros de anos soubemos que Javier Sousa e Iván Fociños estaban a desenvolver unha páxina web de artigos de pesa deportiva chamada PéZcalo, que buscaba converterse en referente do mercado á vez que ofrecer contidos sobre o seu sector, proxecto que durante estes meses puido seguirse a través dun blog, en marzo deu os seus primeiros pasos a través dunha tenda en Facebook e acadou o apoio de Xes-Innova (cunha achega de 100.000 euros), pero agora chega á súa primeira meta ao estrearse oficialmente na web dende PéZcalo.es.

PéZcalo conta ca cun catálogo con máis de 6.000 referencias, acepta os principais métodos de pagamento e destaca por permitir que para pedidos de máis de 150 euros poida empregarse un sistema de pagamentos a prazos a través de Cofidis. Os produtos chegarán á casa do comprador en menos de 10 días, podendo o usuario elixir o momento do reparto e coa posibilidade de mudar o enderezo ou a hora de entrega a través dunha SMS.
Para fidelizar aos seus clientes PéZcalo conta cun Club Pezcalero, que servirá para que cada compra acumule descontos e no caso de insatisfacción cos produtos recibidos poderán realizarse devolucións de balde (facendo uso dun moedeiro virtual nesta plataforma).
Para celebrar a inauguración de PéZcalo.es, veñen de estrear un vídeo promocional deste proxecto galego de comercio electrónico que busca reflectir así a súa filosofía corporativa.
Vídeo promocional de PéZcalo
A tenda de pesca deportiva PéZcalo abre as súas portas virtuais
Compartir Este Artigo

