Os proxectos tecnolóxicos PéZcalo e Cludeen acadan o apoio de Xes-Innova
martes, 24 de maio do 2011
Javier Guerra,
conselleiro de EconomÃa e Industria, presentou
hoxe os proxectos empresariais de base tecnolóxica que acadaron o respaldo do
fondo de capital risco Xes-Innova, que pretende apoiar a emprendementos que
teñan como obxectivo a produción, investigación e desenvolvemento de todo tipo
de actividades. As empresas que acadaron préstamos participativos por unha suma
de 500.000 euros foron PéZcalo, Cludeen e Quantum EnxeñarÃa, que teñen prevista
a creación de 64 postos de traballo nos vindeiros anos.
O conselleiro lembrou que dende a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria púxose en
marcha un programa de apoio á iniciativa emprendedora que, dende 2010, inclúe
axudas a proxectos e liñas de apoio financeiro, e a través deste programa en
cuestión téñense mobilizado 30 millóns de euros. Guerra tamén engadiu que a súa
ConsellerÃa habitou o fondo de capital risco Xes-Posibilita, para apoiar aos
proxectos de empresarios con discapacidade:
As iniciativas presentadas na xornada de hoxe foron as seguintes:
PéZcalo: plataforma de comercio electrónico que quere converterse en
referente no sector da pesca deportiva (e estrearon
escaparate en Facebook no mes de marzo).
Cludeen: empresa centrada no desenvolvemento de software para empresas.
Quantum EnxeñarÃa: dedica a súa actividade ao deseño, fabricación e
comercialización de maquinara de produtos relacionados co tratamento e
purificación de augas.
- Javier Guerra presentou os proxectos TIC que vén de apoiar o fondo de capital risco Xes-Innova