O sistema operativo para os dispositivos móbiles de Apple chega á versión 5.0.1, nunha actualización que incorpora xestos para multitarea no primeiro iPad, soluciona problemas con documentos na nube e prometía solucionar os problemas relacionados coa duración da batería do iPhone 4S, pero numerosos usuarios de todo o mundo están a informar do contrario, e parece que a batería do novo iPhone continúa a descargarse a grande velocidade sen explicación. Incluso hai casos nos que, usuarios que non tiñan experimentado problemas coa batería, agora padécenos tras a actualización a iOS 5.0.1, o que pode resultar bastante frustrante para quen adquiriu o novo móbil de Apple, que parece ter na batería un problema tan polémico como fora a antena no seu predecesor.
O iOS 5.0.1 non soluciona os problemas de batería do iPhone 4S
Compartir Este Artigo
