A xente de RIM parece non estar a gañar para desgustos, e agora unha nova polémica chama á súa porta, xa que numerosos usuarios de terminais BlackBerry Bold 9900 e 9930 están a dar conta dun fallo nos seus dispositivos, que tras deixarse cargando durante toda a noite non permiten ao seu acendido, o que esperan solucionar mediante unha actualización de software.
Estas informacións están a contribuír ao ciclo baixista no valor bolsista da compañía canadense, que caeu un 2,5%, de xeito que as accións da compañía máis dun 70% de caída fronte ao valor que tiñan o pasado mes de febreiro. Tamén podemos lembrar que en xuño de 2008 a compañía conseguira levar ás súas accións a un máximo histórico (144 dólares) que tras o éxito do iPhone e o resto de smartphones caeu ata os actuais 18,19 dólares.
Detectan a morte súbita de terminais BlackBerry Bold 9900 e 9930
Compartir Este Artigo
