
Esta información provén da consultora Pacific Crest Securities, que asegura que as estimacións de Nokia de vender 2 millóns durante o último trimestre do ano non poderán acadarse, e incluso poderían quedar por debaixo das 500.000 unidades, o que contrasta claramente co que está a manifestar Nokia, que fala de “un excelente comezo” no Reino Unido. Incluso detallan que segundo os primeiros datos que ten a compañía finlandesa, o “Lumia 800 é a mellor primeira semana dun smartphone no Reino Unido na historia recente”.
Para reforzar as afirmacións de Nokia, na Internet podemos ler comentarios moi positivos sobre os novos terminais, e incluso hai tendas que xa esgotaron as unidades dispoñibles, o que non debería sorprender xa que hai promocións que incluso agasallan cunha consola Xbox 360 ao adquirir un Nokia Lumia 800. Os prezos do novo produto estrela de Nokia tamén están a ser moi agresivos (Orange achega o terminal de balde con contratos cun consumo mensual de 26 libras esterlinas).
Boa acollida dos móbiles de Nokia con Windows Phone no Reino Unido
Compartir Este Artigo
