
O Galeoke Volume 2 captou moitas miradas no Culturgal, onde xente de todas as idades achegáronse a probar este karaoke enxebre, que pon en valor a música galega e facilita convertela en centro das festas infantís e dos encontros familiares no fogar, sendo preciso só dun ordenador cun micrófono para poder gozar deste divertido produto compatible con Ubuntu/GNU LInux, Windows XP/Vista/7 e Mac OS X.
Nos vindeiros días poderemos atopar o Galeoke Volume 2 nas tendas galegas, e esta nova entrega do primeiro karaoke en galego celebrará tamén unha festa de presentación o vídeo 15 de decembro na compostelá Casa das Crechas.
A listaxe completa de temas dispoñibles na nova entrega do Galeoke é a que segue:
· Radio Océano – “Como o vento”
· Os Papaqueixos – “O paraugas do José”
· Pilocha – “O sancristán de Coimbra”
· Quempallou – “En que terra me botaches”
· Heredeiros da Crus – “Quero josar”
· Faltriqueira – “Corpiño xeitoso” (Andrés do Barro)
· Blood Filloas – “Superheroe”
· María Manuela – “Manual do Señorito”
· Nova Galega de Danza – “Xota de Ribeira de Piquín”
· Chouteira – “O ghai ghai”
· Sés – “Admirando a condición”
· Pepe Vaamonde Grupo – “Ares de Montillón”
· Emilio Rúa – “Todo está por vir”
· Vaamonde, Lamas & Romero – “Foliada de San Pedro de Visma”
· Leilía – “Danza das Cortellas”
· Susana Seivane – “Muiñeira de Alén”
· Os Carunchos – “Galicia”
· Davide Salvado – “Todo o corpo”
· Fía na Roca – “Fía na roca”
· Saraibas – “Ai, galeguiños!”
· The Homens – “Calamar”
O Galeoke estrea o seu segundo volume
Compartir Este Artigo

