
Podemos ver así que o tema máis relevante en Facebook durante 2011 foi a morte de Osaba bin Laden, ao que seguiron distintos temas de actualidade como a voda real británica, os pasamentos de Steve Jobs e Amy Winehouse, as operacións militares en Libia, o furacán Irene… aínda que podemos destacar que no posto 8º, e centrándose cronoloxicamente no mes de novembro, temos como grande nova o lanzamento de Call of Duty: Modern Warfare 3 (videoxogos que, pese ás súas vendas millonarias, non conseguiu destacar nos medios de comunicación tradicionais).

O Memology 2011 tamén recolle os temas de maior crecemento en 2011 en ámbitos como o lecer, a música, o deporte e as novas, destacándose a Megan Fox como a actriz máis popular (con máis de 29 millóns de seareiros en Facebook), a última entrega de Harry Potter como a película máis relevante (con máis de 37 millóns de seguidores), e House como a serie de televisión de máis sona (e ao seu protagonista como o personaxe de ficción máis popular). A cantante máis popular sería Rihanna, e a canción máis escoitada We Found Love (que interpreta a cantante xunto a Calvin Harris). No ámbito deportivo sorprende ver o liderado de Leo Messi como deportista (sumando máis de 27 millóns de seareiros en Facebook) e ao F.C. Barcelona como equipo (con máis de 23 millóns de seguidores), por supor que o fútbol é o deporte de moda (desbancando ao baloncesto, o baseball ou a loita libre entre outros). Para rematar, dende Facebook destacan o pulo que tivo a canle informativa CNN nos últimos meses e a nova do The New York Times, na que podemos ver imaxes do Xapón antes e despois do tremor e o tsunami.
Facebook desvela os temas máis populares na súa plataforma social durante 2011
Compartir Este Artigo
