O vindeiro mércores ás 12:00 horas terá lugar no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia (Santiago de Compostela) o acto de entrega da nova edición dos Premios EGANET, e para ir quecendo motores dan a coñecer os finalistas das 5 categorías a concurso neste certame que este ano celebra a súa oitava edición.
A gala de entrega dos premios da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías aproveitarase para celebrar a traxectora de 9 empresas asociadas que cumpren 10 anos. Este evento estará presentado pola xornalista Susana Alvite (Hexis Comunicación) e Marcus Fernández (Código Cero), e os Premios contan co financiamento do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Este ano recibirá un premio especial a Fundación Foltra pola súa aposta tecnolóxica no desenvolvemento do seu labor socio-sanitario, mentres que das categorías a concurso os finalistas son os que seguen:
Proxecto Emprendedor TIC: – Enkends – Moonbite Games – Trileuco Solutions – WebMenús
Proxecto Empresarial TIC: – Factoría de Software e Multimedia – Elogia – La Náutica Servicios Náuticos – Visual Publinet
Aplicación Software: – BayDICOM Media, de Bahía Software – LibrePlan, de Igalia – Un mundo accesible, de InfoJC – SONarchitect ISO, de Sound of Numbers
Comunicación Dixital: – Mátalos de Risa con Kill Paff, de Elogia – Misterdarwin.eu e eMuseo, de Galinus Taller de Novos Medios – Memoria anual 2010 Cruz Roja Española en Galicia, de Neo Comunicación – Redescubre a Cidade Vella, de Turismo de Ourense
Negocio Online: – Plataforma Wecoop, de Continental Producciones – Buydeal.es, de Elo Technologies – Meubook, a factoría dos teus libros, de Meubook – Menús.es, de Web Menús
