En 1955 un anuncio da empresa Sears Roebuck & Co. con sede en Colorado Springs suxería aos nenos a chamar a Santa Claus por teléfono, pero o número indicado se imprimiu incorrectamente, de xeito que coincidía co do Comando de Defensa Aérea Continental (CONAND) norteamericano, e o director de operacións da época, Harry Shoup, puxo á súa xente a comprobar os sinais de radar que indicaran a ruta de Santa Claus dende o Polo Norte, dando información actualizada aos nenos que chamaban, nacendo así unha tradición que se mantén ata hoxe en día.

Incluso existen toda unha serie de cámaras distribuídas en cidades de todo o mundo para rexistrar a visita de Santa, polo que os cativos que estean interesados no asunto poden visitar a web do NORAD creada a tal efecto.
Vídeo que recolle a viaxe global de Santa Claus o pasado Nadal
O NORAD e Google permitirán facer un seguimento de Santa Claus durante o Nadal
Compartir Este Artigo
