O Consello de Ministros decidiu rematar o ano dun xeito un tanto rechamante no que á Internet se refire, pois aprobaron o regulamento da Comisión de Propiedade Intelectual, que é o ente encargado de facer cumprir a disposición adicional segunda da Lei de Economía Sustentable, tamén coñecida coma Lei Sinde, permitindo o peche rápido de páxinas web que vulneren os dereitos de autor.
Na rolda de prensa despois do Consello de Ministros, a voceira do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría asegurou que esta medida busca protexer os dereitos dos propietarios e creadores “fronte ao espolio lucrativo”, engadindo que “só se vai actuar, e sempre coa correspondente protección xudicial, contra quen indebidamente se lucre dos dereitos de protección intelectual doutros”.

A supresión do canon dixital recibiuse con satisfacción por parte da Asociación de Internautas, unha das entidades máis activas contra este gravame, que aproveitan a ocasión para lembrar que é preciso que se tomen medidas retroactivas para que se devolva a empresas, concellos e usuarios os cartos recadados co canon de xeito ilegal.
O Goberno aproba o regulamento da Lei Sinde e suprime o canon dixital
Compartir Este Artigo
