
O coñecido como XaTcobeo xa está integrado na cabeza da lanzadeira Vega dende o pasado mes de decembro, agardando ao seu lanzamento dende o Centro Espacial Europeo da Güiana francesa, para desenvolver logo 2 experimentos durante os máis de 3 meses que se agarda que o picosatélite estea en activo: unha radio-software reconfigurable en voo e a medición dos efectos da radiación dos aneis de Van Allen na electrónica embarcada.
O primeiro picosatélite galego comezará a funcionar o mes que vén
Compartir Este Artigo
