
Esta carreira por ver quen tuiteaba antes unha foto tirada co móbil, quen localizaba máis rápido un restaurante, quen identificaba a maior velocidade unha canción que podía escoitarse nunha radio ou quen comprobaba con maior axilidade o estado do tempo non só foi un experimento divertido, senón que tamén serviu para demostrar que é posible optimizar moitos procesos nos dispositivos móbiles, quedando aínda moito camiño que avanzar, de aí que a competencia entre Android, iOS, Windows Phone e outros sistemas operativos sexa moi positiva para o usuario.
A primeira xornada na que levaron a cabo este orixinal reto saldouse con 21 vitorias por parte de Ben Rudolph, ao que só superaron en 2 ocasións, rematando tamén outra en empate.
Resumo da primeira xornada do reto
O Windows Phone 7.5 posto a proba nun orixinal reto no CES
Compartir Este Artigo
