
Streve Ballmer, director xeral de Microsoft, asegura que estes bos resultados veñen acompañados co pulo que están a dar aos seus servizos e produtos chave, o que resultou evidente no CES de Las Vegas onde recibiron “análises moi positivos dos nosos teléfonos e ordenadores, e unha boa resposta para o novo deseño Metro que unificará a experiencia de usuario entre teléfonos, ordenadores, tablets e televisión en 2012”.
As cifras de Microsoft resultan abraiantes, e veñen a dar a coñecer que dende o seu lanzamento o Windows 7 conseguiu vender máis de 525 millóns de licenzas, mentres que o Office 2012 conseguiu achegarse aos 200 millóns de licenzas nos seus 18 meses de vida, datos que dan a entender que os negocios principais da compañía continúan a ser moi sólidos (pese á orientación á nube de moitos servizos) e tamén no sector do lecer electrónico a compañía está a ter un éxito sen precedentes, especialmente nos EE.UU., onde a principal consola de videoxogos do último ano foi a Xbox 360, que actualmente ten unha base de 66 millóns de consolas, ás que habería que sumar a boa acollida do sensor Kinect (do que venderon 18 millóns de unidades). Queda agora por ver se a compañía consegue gañar un lugar de seu no mercado dos smartphones e dos tablets, actualmente dominado por Apple e Google.
Microsoft ingresou 20.890 millóns de dólares no último trimestre
Compartir Este Artigo
