Ao igual que Apple non limita a venda de contidos dixitais a aplicacións móbiles dende Google tamén fan o propio, e para potenciar este mercado dixital veñen de relanzalo como Google Play, un novo destino para o lecer dixital no que música, películas, libros e aplicacións están dispoñibles dende a web ou dende tablets e móbiles con Android, mantendo os contidos almacenados na nube, evitando que o usuario teña que cargar co material adquirido.
Google Play permite almacenar ata 20.000 cancións de balde e mercar millóns de novas cancións, descargar máis de 450.000 aplicacións e xogos para Android, explorar o inmenso catálogo de libros electrónicos e alugar centos de películas incluíndo novidades e títulos en alta definición.
Pero aínda que esta tenda dixital pareza moi completa, se accedemos á súa versión en español atoparemos que só ten dispoñibles aplicacións e xogos, polo que para nós limítase a un novo nome para o Android Market, tendo que agardar para poder atopar contidos culturais nesta renovada plataforma que aínda avanzou pouco no seu espallamento internacional.
Vídeo de presentación de Google Play
Google renova a súa tenda de contidos dixitais
Compartir Este Artigo
