O cerco contra as descargas audiovisuais na Internet continúa a pecharse, e agora vai contra Cuevana, servizo de grande popularidade en América Latina, que xa tivo que retirar varias series da Warner por petición xudicial, está a facer fronte a unha denuncia da canle HBO por violación de dereitos de propiedade intelectual, a Xustiza arxentina incluso está a procurar a identificación dos seus responsables e agora incluso deteñen a un dos seus responsables en Chile.
A Brigada Investigadora de Delitos de Propiedade Intelectual da PDI (BRIDEPI) efectuou a detención de Cristián Álvarez Rojas, de 26 anos, por infracción da Lei de Propiedade Intelectual en virtude dunha investigación da Fiscalía de Pudahuel. Ao parecer estamos ante o único administrador de Cuevana en Chile, estando os outros 8 en Arxentina, descoñecéndose polo momento os cargos concretos que se presentan contra a súa persoa, pero é de agardar que durante os vindeiros días haxa máis detalles sobre estas actuacións que deixan claro que as autoridades queren escenificar que non son indiferentes á protección da propiedade intelectual.
Deteñen a un dos administradores de Cuevana.tv
Compartir Este Artigo
