AS Computer anunciou a re apertura dunha nova tenda Apple Premium Reseller na Avenida de Barcelona nº 4 de Santiago de Compostela, dando aos clientes de Santiago a oportunidade de coñecer e experimentar os produtos e solucións de Apple nun contorno axeitado. No establecemento estará dispoñible unha completa gama de ordenadores Mac, iPad, iPhone e iPod, así como accesorios para os mesmos.
A apertura deste establecemento terá lugar o vindeiro días 22 ás 19:00 horas, ofrecendo ofertas e promocións especiais durante esa xornada. A inauguración da tenda celebrarase agasallando aos 10 primeiros en entrar cun iPod shuffle, os primeiros 500 recibirán un agasallo conmemorativo, sortearanse cheques de agasallo por valor de 20 euros de desconto de 16:30 a 18:30 horas, a partir das 19:30 horas sortearanse reprodutores iPod shuffle, nano e Touch entre os asistentes e, durante a xornada, poderase gozar dun 10% de desconto especial.
A nova tenda na Avda. de Barcelona desta compañía que leva 21 anos comercializando produtos de Apple contará con servizos como demostracións de produtos, obradoiros de balde e asistencia técnica personalizada.
Chegada do novo iPad
A inauguración do establecemento compostelán será a tempo para o desembarco español do novo iPad, que comezará a venderse o día 23, agardándose a repetición do éxito que tivo hoxe o lanzamento do novo iPad en EE.UU., Reino Unido, Francia e outros países, nos que formáronse longas colas de consumidores que desexaban facerse co novo tablet durante o seu primeiro día á venda. De feito, tal era a expectación polo novo trebello que as accións de Apple no NASDAQ chegaron a superar os 600 dólares na xornada de onte, o que é un record histórico notable, especialmente se temos en conta que hai un ano as participacións da compañía de Cupertino cotizaban a 310 dólares.
O principal reclamo do novo iPad é a súa pantalla resolucionaria, que dobra a resolución do modelo anterior, superando incluso aos televisores de alta definición, o que tamén está a levar aos desenvolvedores de aplicacións a actualizar os seus produtos á nova pantalla, o que xa fixeron algunhas das aplicacións máis importantes (Reeder, Kindle, Twitter, Evernote…) e videoxogos (Infinity Blade 2, Mass Effect Infiltrator, Real Racing 2 HD, Modern Combat 3: Fallen Nation), que entre outras cousas tamén querían figurar na listaxe de aplicacións destacadas por aproveitar a nova pantalla Retina do iPad.
O outro detalle que pretendía potenciar as vendas do novo iPad sería a súa mellora na conectividade móbil, que aparte de 3G, conta tamén con LTE, pero tal tecnoloxía aínda non está implantada en Europa, o que fai que este detalle careza dun atractivo especial no Vello Continente.
Aínda que unha das cousas máis curiosas da xornada foi que a xente de What’s Trending cazou ao propio Steve Wozniak, co fundador de Apple, facendo cola na tenda de Apple no Westfield Mall de Century City (California) como un comprador máis (algo que xa fixo en numerosas ocasións), o que deu pé para unha pequena entrevista en vídeo:
