
Dende as primeiras horas do día xa era posible asegurar a adquisición do modelo desexado de iPad a través de distintas tendas en liña (como a da propia FNAC), o que no caso da páxina oficial de Apple pode resultar algo frustrante, pois estiman a entrega do seu tablet en 1-2 semanas, o que tamén comeza a acontecer nos modelos Wi-Fi do iPad no resto de establecementos.
Os usuarios que desexen facerse coa versión con conectividade móbil do tablet tamén hai a opción de adquirir o dispositivo a través de Orange ou Vodafone, compañías que o ofrecen a un prezo que parte dos 299 euros ao asocialo a tarifas de datos. Ambas operadoras permiten contratar tarifas de datos para o tablet ou asocialo a tarifas de datos dun smartphone.
Polémica inicial

Outro detalle a comentar é que a batería do novo iPad, pese a dotar ao tablet da mesma autonomía (10 horas no modelo Wi-Fi) ten unha capacidade un 70% superior, o que incrementa considerablemente o seu tempo de carga, o que pode resultar molesto para algúns usuarios, como o feito de que existan aplicacións intensivas que farían que incluso co iPad conectado a corrente sexa imposible manter o nivel de carga.
Entre as incidencias dos primeiros días, tamén hai usuarios que decatáronse que o sistema de fundas imantadas do anterior iPad está a dar problemas no novo, pois emprega un sistema sensible á polaridade dos seus imáns, polo que as fundas Smart Cover máis vellas ou algunhas fundas non oficiais poderían experimentar problemas (ao parecer, no caso de produtos oficiais de Apple, nas tendas non están a pór problemas na súa substitución).
Pero non todo é negativo, senón que hai algunhas sorpresas agradables novo iPad, como o feito de que ao cargar unha aplicación desenvolvida para iPhone, en vez de amosar a súa versión máis básica como facíase antes, agora óptase pola versión para a pantalla Retina do iPhone 4, o que permite unha mellor visualización no tablet (especialmente dos textos). Algunhas aplicacións tamén están a actualizar os seus contidos para a nova pantalla, que no caso das plataformas de distribución de comics máis populares nos EE.UU. (da compañía ComiXology) tamén afecta a publicacións adquiridas antes do lanzamento do novo iPad, de xeito que os comics mercados nos últimos anos poderán gozarse agora cunha maior resolución, resultando máis agradable a súa visualización e evitando que sexa preciso ampliar as imaxes para unha cómoda lectura dos seus textos.
Último anuncio televisivo do novo iPad
