O xornalista e blogueiro Ignacio Escolar vén de anunciar que tras o peche do diario Público decidiu retomar unha idea que ten na cabeza dende hai preto de 7 anos, pasando a dirixir un novo xornal dixital baixo o dominio eldiario.es que porá o foco na política e na economía no seu sentido máis amplo. Este novo medio estará operativo antes do verán e para o mesmo contará coa colaboración de persoas como Juan Luis Sánchez (un dos fundadores de Periodismo Humano, e que será o subdirector de información), Olga Rodríguez, Iñigo Sáenz de Ugarte, Isaac Rosa, Carlos Elordi, Rafael Reig, José Sanclemente, Manolo Saco, Rosa María Artal, Javier Vizcaíno, Leila Nachawati, Manel Fontdevila, Luz Sanchis, Bernardo Vergara, Lydia Molina, Daniel Basteiro, Antonio Avendaño, Irene Milleiro, Jordi Pérez Colomé, José A. Pérez, Ignacio Urquizu, Elena Cabrera, Roger Senserrich e David Bravo.
O proxecto contará coa tecnoloxía e o deseño de Bitban Technologies e os contidos publicados estarán dispoñibles baixo licenza Creative Commons. A información de eldiario.es será de balde e libre.
Ignacio Escolar dirixirá un novo medio dixital: eldiario.es
Compartir Este Artigo
