O que chegou pretendendo ser o Facebook de Google, Google+, quedou lonxe de acadar o seu obxectivo, converténdose nunha especie de tecido conectivo social dos distintos servizos de Google, pero dende Mountain View non se dan por vencidos e renovan a aparencia de Google+ para conseguir unha maior funcionalidade e flexibilidade e, sobre todo, ser máis doado de utilizar e máis atractivo.
Entre as novidades de Google+ está un sistema de navegación personalizable (engádese unha barra dinámica de aplicacións á esquerda, que poden ordenarse e mesmo ocultarse), a interface mellora a súa aparencia (con fotografías e vídeos de maior tamaño, conversas en forma de tarxeta e maior visibilidade da comunidade ao redor do contido), gaña peso a posibilidade de facer quedadas en vídeo ou Hangouts, incorpórase unha nova páxina Explorar que amosa detalles de interese e tamén renóvanse os perfís de usuario con fotografías máis grandes e outras melloras.
Podemos coñecer dun xeito máis visual estes cambios a través do seguinte vídeo:
Google+ renova o seu deseño
Compartir Este Artigo
