Os usuarios que gocen dun móbil Xperia do ano pasado comezarán a recibir hoxe unha actualización do seu software a Android 4.0, de xeito que contarán con terminais á última, garantindo unha maior vida dos seus smartphones, comezando Sony esta actualización polos terminais Xperia arc S, Xperia neo V e Xperia ray, chegando inicialmente a Suecia, Dinamarca, Islandia, Finlandia e Noruega e continuando o seu espallamento xeográfico polo resto do mundo durante as vindeiras 4-6 semanas. Para actualizar os terminais será preciso conectar o móbil ao ordenador e seguir os pasos que figuran na páxina web de Sony.
Os terminais Xperia arc, Xperia PLAY, Xperia neo, Xperia mini, Xperia mini pro, Xperia pro, Xperia active e Sony Ericsson Live with Walkman recibirán a actualización a Android 4.0 a partires de finais de maio ou primeiros de xuño.
Esta política de actualizacións contrasta claramente coa doutros fabricantes, que están a demorarse extraordinariamente en adaptar os seus móbiles a Android 4.0, e mesmo parece que van deixar a meirande parte dos seus dispositivos ancorados en Android 2.x, mentres que Sony prefire non esquecer aos seus usuarios actuais, permitíndolles renovar o software dos seus terminais.
Sony comeza a actualizar os móbiles Xperia de 2011 a Android 4.0
Compartir Este Artigo
