
Os artigos sobre Monmouth na Wikipedia están xeolocalizados, o que permite facer unha visita virtual da vila empregando as aplicacións móbiles da Wikipedia ou a capa da Wikipedia en Google Streetview ou na aplicación de realidade aumentada Layar.
Sobre os códigos QR espallados por Monmouth, cómpre destacar que optaron por numerosos formatos físicos, de xeito que poden atoparse en grandes placas de metal ou cerámica para identificar lugares, pequenas placas de metal, cerámica ou plástico para identificar obxectos, etiquetas para engadir información en interiores (como nos obxectos do museo), adhesivos en cristais e incluso integrados en carteis informativos.
Todo este despregamento técnico permite que os visitantes poidan ter información de Monmouth en máis de 250 linguas (aínda que en moitos casos trátase da utilización de técnicas de tradución automática), converténdose no primeiro lugar do mundo en poder gozar de tal prestación, o que podería contribuír de xeito considerable ao seu atractivo turístico.
Reportaxe en vídeo sobre o proxecto da Monmouthpedia
