
O Samsung Galaxy S III tería así unha acollida comparable á dos novos iPhone, pois actualmente as fábricas surcoreanas están a operar a máxima capacidade producindo 5 millóns de terminais ao mes, o que inicialmente non podería atender á súa demanda.
Como en terminais anteriores, o Galaxy S III chegará en modelos distintos segundo o país no que se comercialice, para adaptarse ás tecnoloxías locais, de aí que vaiamos a ver modelos con ou sen conectividade LTE e, dende o operador nipón NTT DoCoMo veñen de confirmar que contará cunha variante do Galaxy S III que terá procesador de dobre núcleo e que, ao parecer, dobrará a súa memoria RAM chegando aos 2 Gb, incluíndo tamén un sintonizador de televisión 1seg. LG xa anunciou o seu Optimus LTE 2 con 2 Gb de RAM, polo que parece que temos unha nova característica para móbiles Android que podería estandarizarse nos vindeiros meses, pese a que actualmente resulta difícil de entender a instalación de tal cantidade de memoria nun dispositivo móbil (pois incluso os tablets funcionan sen problemas de memoria con 1 Gb de RAM).
Samsung Galaxy S III recibe 9 millóns de reservas a nivel mundial
Compartir Este Artigo
